Cargando resultados...
Ringleiras en Pontevedra para facerse probas PCR sen cita previa
Habilitan un local nos exteriores do Hospital Provincial como punto de probas sen cita
estará operativo durante a ponte ata o día 8 de decembro
G24.gal
05/12/2021 20:42
En Pontevedra está habilitado este punto de probas PCR sen necesidade de cita previa. Situado nos exteriores do hospital provincial, e ao igual que onte, este domingo houbo bastante afluencia de xente.
Estará operativo ata o mércores 8 de decembro en horario de 15:30 a 20:30 horas. Deste xeito, as persoas que o precisen poden achegarse ata aquí para poder realizarse unha proba diagnóstica. É unha maneira máis de detectar os posibles contaxiados asintomáticos.
Esta área sanitaria ten arestora un total de 954 casos activos dos cales 34 precisan atención hospitalaria.