Richarlison remata con mestría o ataque de Brasil
A pentacampioa comeza o Mundial cunha vitoria por 2-0 sobre Serbia e un dobrete do dianteiro do Tottenham

Esta temporada os dous dianteiros do Brasil cambiaron de equipo na Premier League. Gabriel Jesus cambiou o City polo Arsenal, onde triunfa en grande con goles e asistencias. Richarlison deixou o Everton por setenta millóns de euros e aportou no Tottenham. No equipo londiniense non atopa a porta contraria e, ata o de agora, non deu marcado ningún gol en partido de liga.
Parecía que Gabriel Jesus partía cunha pequena vantaxe, pero Tite apostou por Richarlison como dianteiro para ser o estilete con Vinícius, Neymar e Raphinha ás súas costas. E o xogador do Tottenham agradeceu a confianza marcando os dous goles que decidiron o partido contra Serbia, o segundo un auténtico golazo.
¡¡¡SÍ HOMBRE...!!! 😳😳😳
— Gol Mundial (@Gol) November 24, 2022
🔥🇧🇷 Richarlison acaba de marcar EL GOL de #Qatar2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter#GolMundial pic.twitter.com/tN1YKaw1FU
Brasil non fixo unha estrea espectacular pero si moi sólida, dominando por completo o seu rival e facéndose merecedor de marcar algún gol máis.
😎 ¡Aquí todo el mundo quiere su golazo!
— Gol Mundial (@Gol) November 24, 2022
🚀 Al travesaño el disparo de @Casemiro #GolMundial pic.twitter.com/V6QSW1Fjcv