Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribera: "Non hai nada que nos permita afirmar que hai algún tipo de boicot ou ciberataque"

Ribera: "Non hai nada que nos permita afirmar que hai algún tipo de boicot ou ciberataque"

A vicepresidenta da Comisión afirmou que, "en principio", os países afectados son España e Portugal, e apuntou que "puido haber algunha incidencia menor no sur de Francia"

Obreiros non poden traballar en Madrid (EFE) Obreiros non poden traballar en Madrid (EFE)
G24.gal 28/04/2025 16:08

A vicepresidenta da Comisión Europea (CE) para a Transición Limpa, Teresa Ribera, dixo este luns que o apagamento rexistrado en España e Portugal é un dos "máis importantes" dos últimos anos e apuntou que nada permite pensar que foi intencionado.

"Non hai nada que nos permita afirmar que hai algún tipo de boicot ou ciberataque", sinalou Ribera en declaracións á prensa xusto antes de comparecer nunha comisión do Parlamento Europeo.

Ribera dixo que estivo xa en contacto coas autoridades de España e Portugal para traballar "coa máxima coordinación" e asegurou que os operadores do sistema eléctrico en Europa están a traballar "para ver exactamente non só que pasou, senón a forma de dar apoio para a rápida restauración do sistema na Península Ibérica".

A vicepresidenta da Comisión afirmou que, "en principio", os países afectados son España e Portugal, e apuntou que "puido haber algunha incidencia menor no sur de Francia".

Neste sentido, dixo que Portugal desconectou o seu sistema eléctrico do sistema español para poder ir recuperando "aos poucos" a enerxía e que en España "está a recuperarse tamén sobre a base de xeración hidroeléctrica e xeración térmica".

"Por agora, eu creo que a mensaxe máis importante é unha mensaxe de paciencia, evidentemente, de seguir as instrucións dos responsables de protección civil e de máxima colaboración entre todas as autoridades nacións", recalcou Ribera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade