Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer se quedamos atrapados nun ascensor?

Que facer se quedamos atrapados nun ascensor?

Foi unha das incidencias mais repetidas durante o apagamento

O consello é manter a calma, pedir axuda e non forzar a porta 

 

G24.gal 30/04/2025 13:55

"O primeiro consello é manter a calma, é frecuente que haxa ataques de ansiedade ou claustrofobia nestes casos. Despois premer o botón de alarma da compañía do ascensor para que se encarguen de resolver o problema. Se non funciona ou non atenden, chamar aos equipos de emerxencias do 112. E se non temos teléfono ou non damos contactado teremos que tentar que os veciños se decaten, sen berrar moito para non asustar os que poidan estar nerviosos xunto a nós. E o que nunca se debe facer é tentar forzar a porta e saír polos propios medios, nin desde dentro nin os veciños desde fóra, é perigoso", explica Francisco Manuel Sampedro, sarxento do parque de bombeiros de Boiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade