Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribadeo Indiano, a homenaxe da vila aos emigrantes que a enriqueceron culturalmente

Ribadeo Indiano, a homenaxe da vila aos emigrantes que a enriqueceron culturalmente

Esta é a oitava edición dunha festa que cada vez atrae máis turistas 

Os emigrados ribadenses actuais collen as vacacións en función da festa 

Mulleres ribadenses vestidas á usanza da Cuba de hai un século no comezo do Ribadeo Indiano
G24.gal 07/07/2023 21:35

O peirao de Porcillán de Ribadeo non é Cuba pero esta tarde asemellábaselle abondo. Estes tres días aquí triunfa a moda traída de ultramar e da calor tropical hai un século polos emigrantes mariñaos. Moitos dos actuais, á súa vez, arrastran amigos de fóra.

É a oitava edición do Ribadeo Indiano que lembra os que fixeron as Américas, uns con mellor sorte ca outros, e deixaron pegada arquitectónica e cultural na súa terra natal e trouxeron un anaco da modernidade.

O peirao acolleu a benvida aos indianos con teatro e música tralo pregón de raíces ribadenses de Santiago Jaureguizar. A afluencia esgotou as prazas nas rutas guiadas e a hostalería con tapas e racións de sabor indiano, está ata a bandeira.

O sentimento de irmandade con Cuba culminará o domingo coa actuación do gran Elíades Ochoa. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade