Cargando resultados...
Rexistran un portacontedores no porto de Vigo que se sospeita que leva droga
O mercante procedía do porto brasileiro de Fortaleza e chegara á Cidade Olívica esta madrugada
G24.gal
15/05/2025 11:17
Última actualización 15/05/2025 14:37
A Garda Civil e Vixilancia Aduaneira están a desenvolver este xoves un operativo antidroga no Porto de Vigo, onde examinan a dun portacontedores ante a posibilidade de que transporte droga.
Trátase do buque Douce France, unha embarcación con bandeira francesa, construída en 2020, de case 190 metros de eslora e máis de 30 de manga.
O barco, que partiu o 6 de maio de Fortaleza (O Brasil), está atracado no porto de Vigo desde a madrugada deste xoves.
