Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retoma o oficio de cesteiro despois dos 70 anos

Retoma o oficio de cesteiro despois dos 70 anos

G24.gal 10/06/2024 20:52

Antonio Luis Álvarez, o cesteiro de Rexosende, en Vilardevós, comezou no oficio con 17 anos.  Aprendeu con outro artesán e estivo percorrendo as aldeas, arranxando e facendo cestos, ata que a chegada do plástico acabou coa profesión. Durante décadas dedicouse ao sector forestal e agrario e non volveu coller as ferramentas ata hai uns anos cando a súa filla lle pediu unhas cestas para súa voda. As pezas tiveron tanto éxito que decidiron abrir unha conta en instagram para dar a coñecer o seu traballo. Dende aquela non dá feito a atender as encargas.

Antonio fai todo o proceso, dende elixir e cortar a madeira no monte ata preparar as láminas e entrelazalas para montar as cestas. Agora, di, teñen máis demanda as pequenas porque só se usan para decoración. A súa filla Vanesa segue con atención todo o proceso. Gustaríalle continuar coa tradición e que a marca do cesteiro de Rexosende seguira presente durante moitos anos polo mundo adiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar