Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retírase Borja Golán, o mellor xogador galego de squash de todos os tempos

Retírase Borja Golán, o mellor xogador galego de squash de todos os tempos

O amesán logrou 17 campionatos de España, foi dúas veces campión de Europa e chegou ao número 5 da clasificación mundial

G24.gal 11/05/2023 19:44

O mellor xogador español e galego de squash de todos os tempos, o galego Borja Golán, anunciou a súa despedida das pistas. 

Aos seus 40 anos, e tras 22 como xogador profesional, Golán di adeus tras unha carreira chea de éxitos. O xogador de Ames logrou 17 campionatos de España, 16 deles de xeito consecutivo. Foi dúas veces campión de Europa e acumula 33 títulos do circuito PSA. Ademais logrou ocupar o quinto posto no ranking de squash mundial. Unha referencia no deporte as dúas últimas décadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos