Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran máis de 10.000 toneladas de cinza en Los Llanos de Aridane

Retiran máis de 10.000 toneladas de cinza en Los Llanos de Aridane

Desde hai mes e medio están a traballar catro pas e seis camións contratados polo Concello para retirar a cinza

G24.gal 12/01/2022 08:34

Máis de dez mil toneladas de cinza que deixou a erupción do volcán de Cumbre Vieja. É a cantidade que levan retirado no concello palmeiro de Los Llanos de Aridane, segundo informaron os responsables municipais.

Desde hai mes e medio están a traballar catro pas e seis camións contratados polo Concello para retirar a cinza. Sinalan os responsables municipais que grazas á colaboración da Unidade Militar de Emerxencias e o exército puideron avanzar con rapidez nesta tarefa.

Os traballos compleméntanse cos que leva a cabo o Cabido da Palma en camiños e pistas e para facilitar o acceso ás vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade