Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación ferroviaria entre Montefurado e Monforte tras un incendio nun túnel

Restablecida a circulación ferroviaria entre Montefurado e Monforte tras un incendio nun túnel

O lume afectou varios trens e obrigou a activar transporte alternativo por estrada

O Goberno autoriza máis de 4,5 millóns para actuacións de emerxencia no tramo Covas-Monforte-Ourense

G24.gal 17/02/2026 21:27

A circulación ferroviaria entre Montefurado, no concello de Quiroga, e Monforte de Lemos quedou restablecida este martes despois de permanecer varias horas interrompida por un incendio nun túnel que afectou a infraestrutura.

O lume rexistrouse ao longo da xornada e condicionou o paso de varios trens que tiñan previsto circular por esa vía.

ADIF confirmou que solucionou a incidencia e que os servizos circulan xa con normalidade.

Varios convois sufriron alteracións durante o día.

Renfe activou un plan alternativo de transporte por estrada desde Montefurado ata a estación de Ourense nalgúns casos.

Nun tren que conectaba A Coruña con Barcelona, a compañía trasladou a pasaxe a outro convoy na estación de Monforte.

Máis de 4,5 millóns para obras tras os incendios de 2025

O mesmo martes, o Consello de Ministros aprobou un acordo para tomar razón da declaración de emerxencia das obras e dos servizos derivados dos incendios de agosto e setembro de 2025 no tramo Covas-Monforte de Lemos-Ourense.

O importe previsto supera os 4,5 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade