Publicador de contidos

Publicador de contidos

As chispas dun tren provocan un incendio que obrigou a desaloxar Seixalbo, parou o AVE e a electricidade en Ourense

As chispas dun tren provocan un incendio que obrigou a desaloxar Seixalbo, parou o AVE e a electricidade en Ourense

O incendio, xa extinguido, afectou o tramo entre Ourense e Taboadela

A vía recuperou xa a normalidade

Incendio en Chandrexa de Queixa. REUTERS/Violeta Santos Moura.
G24.gal 12/08/2025 21:02 Última actualización 12/08/2025 21:46

Adif restableceu ás 20:15 horas deste martes a circulación na liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia, interrompida durante máis de cinco horas por un incendio xa sufocado que afectou o tramo entre Ourense e Taboadela.

O xestor ferroviario informou de que a vía foi revisada e os danos causados polo lume xa están reparados.

Minutos antes, Renfe adiantara que Adif estaba a restablecer a tensión nas vías para reiniciar paulatinamente o servizo, unha vez finalizada a inspección. A compañía advertiu de que os trens circulan con demoras debido á incidencia.

Interrupción e revisión da liña

A circulación de trens interrompeuse ás 14:30 horas, momento no que tamén se cortou a liña entre Santiago de Compostela e Ourense, reaberta dúas horas despois.

Desde as 18:30 horas, tras a extinción do incendio, Adif revisou a vía férrea entre Ourense e Taboadela para avaliar e reparar posibles danos.

Desaloxados os veciños de Seixalbo e cortes de luz en varios puntos de Ourense

A cidade de Ourense viuse afectada por un grande incendio pasados uns minutos da unha e media do mediodía. Una grande liña de lume estendíase pola marxe dereita das vías do tren, entre o polígono de Barreiros e a parroquia de Seixalbo. A proximidade das lapas ás casas obrigou a desaloxar os veciños de Seixalbo.

O incendio provocou interrupcións na subministración eléctrica en zonas como San Cibrao das Viñas, O Couto e Barbadás. O servizo recuperouse en media hora.

Naturgy informou arredor das 15:00 horas que xa se traballa na reposición do servizo.

O Concello autorizou a colaboración inmediata do servizo municipal de bombeiros en incendios comarcais.

A cidade de Ourense estivo cuberta toda a tarde por unha intensa fumareda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade