Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatado un menor que se meteu no río no Barco de Valdeorras para coller un balón

Rescatado un menor que se meteu no río no Barco de Valdeorras para coller un balón

Foi trasladado a un hospital con síntomas de hipotermia 

Rescate do menor Rescate do menor
G24.gal 12/02/2026 20:27 Última actualización 12/02/2026 20:40

O rapaz de 16 anos meteuse no río Sil, en plena alerta vermella, na tarde deste xoves para coller un balón que se lle caeu á altura da rúa Gonzalo Gurriarán, no Barco de Valdeorras. 

O menor estaba xogando cuns amigos nunha pista que está situada ao carón do río. Cando se lle escapou o balón, quitou a roupa, meteuse no río, malia que levaba moita auga, e logrou agarrarse a unha árbore. Alí permaneceu durante media hora ata que foi rescatado por efectivos do Grupo de Emerxencias de Valdeorras e da Policía Local. 

O neno presentaba síntomas de hipotermia e tivo que ser trasladado ao Hospital de Valdeorras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade