Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatada unha persoa con síntomas de hipotermia tras caer ao río en Ribadavia

Rescatada unha persoa con síntomas de hipotermia tras caer ao río en Ribadavia

Segundo o 112 Galicia, precipitouse desde a terraza dun establecemento hostaleiro situado ás beiras do río Avia

 

G24.gal 04/03/2023 10:04 Última actualización 04/03/2023 13:02

Unha persoa foi rescatada esta mañá con síntomas de hipotermia, tras caer ao río en Ribadavia (Ourense) desde a terraza dun establecemento hostaleiro situado na rúa Porta da Vila.

A caída produciuse desde unha estrutura instalada a certa altura e nun espazo do río de acceso complexo para os equipos de emerxencias. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 6:30 desta mañá. Os axentes da Garda Civil solicitaron, tras varios intentos sen éxito, a axuda dos equipos de emerxencias para sacar o ferido do río. 

A persoa afectada foi atendida no lugar do accidente. Presentaba síntomas de hipotermia e un golpe como consecuencia da caída.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade