Cargando resultados...
Rescatada unha bañista en Xixón arrastrada pola corrente
Foi necesaria a intervención do Helimer
G24.gal
09/01/2022 13:12
A punto estivo de custarlle a vida un baño no mar a unha veciña de Xixón. Viuse atrapada pola forte marusía e tres bombeiros tiveron que meterse na auga para prestarlle un primeiro auxilio.
A corrente impediulles completar o rescate e foi necesaria a intervención do Helimer. Con moita dificultade, conseguiron sacar a moza e levala a un hospital.
Os bombeiros puideron saír polos seus propios medios da auga entre os aplausos da xente que presenciaba a operación. O aviso laranxa tamén está activado na costa asturiana.