Cargando resultados...
Renfe reforza os trens ao Marisquiño
Mil cen prazas extra e descontos os días 12 e 13 de agosto

G24.gal
09/08/2022 21:23
Os días 12 e 13 de agosto, Renfe vai reforzar, con máis de mil cen prazas extra, catro servizos entre A Coruña e Vigo con motivo do Marisquiño.
Ademais, os viaxeiros terán un desconto do 10 % nos billetes do AVE con destino a Vigo durante as datas do Festival.
Renfe facilita o transporte para acudir a este evento, como antes o fixo co Festival O Son do Camiño, o Atlantic Fest ou o Festival Celta de Ortigueira. Intentase evitar, no posible, que os milleiros de participantes usen o vehículo privado.