Renfe reforza as prazas dos servizos entre Galicia e Madrid estas datas
Manolo e Hemelinda avisan a familia de que xa está en Santiago mentres agardan polo tren que os vai levar a Ourense. Chegaron dende Zürich en avión esta mañá para pasar a Semana Santa na terra.
Estes días imos dar unhas voltas por aí, visitar a familia, limpar un pouco a casa, atender o xardín.
Despois de tanto tempo, virus e pandemia apetece
Coma estes emigrantes, centos de pasaxeiros ateigan as plataformas da estación intermodal de Santiago. Estudantes e traballadores que volven á casa comparten tren cos turistas e peregrinos que visitan Galicia.
Ata o 19 de abril nos servizos entre Galicia e Madrid, Renfe porá á venda algo máis de 57.200 prazas. Supón algo máis de 2.600 billetes extras.
Imos en tren, que é cómodo.
A ver se desta vez é a definitiva e podemos gozar, amais vén bo tempo
Os vagóns viaxan case cheos pero aínda é posible comprar algún billete para Madrid este sábado.