Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe anuncia o restablecemento da circulación de trens entre Galicia e Madrid

Renfe anuncia o restablecemento da circulación de trens entre Galicia e Madrid

 O primeiro tren en saír será un con orixe en Madrid e con destino final na Coruña, e "o resto dos servizos irán restablecéndose de forma paulatina", di a compañía

G24.gal 14/08/2025 08:23 Última actualización 14/08/2025 11:19

Renfe anunciou, pouco antes das dez da mañá, o restablecemento da circulación de trens entre Galicia e Madrid, que esta mañá aínda continuaba interrompida a causa dos incendios na provincia de Ourense.

Sinala Renfe que o primeiro tren en saír será un con orixe en Madrid  ás 9:45 e con destino final na Coruña. "O resto dos servizos irán restablecéndose de forma paulatina", asegura o operador ferroviario que agradece a "comprensión e colaboración".

O seguinte tren desde Madrid con destino Vigo, con 581 viaxeiros, saíu ás 10:00 horas. Xa despois embarcou en un tren con destino Ourense que viña desde Alacante.

De momento hai previsto tamén outro tren especial con destino Ourense. Ademais, están tamén embarcaron viaxeiros nas estacións de Vigo e A Coruña con destino Madrid e parada en Ourense.

A alta velocidade entre Madrid e Galicia estaba suspendida desde onte ás 15:15 horas por mor dun incendio forestal orixinado entre os municipios  da Mezquita e A Gudiña.

Renfe anunciaba onte que retomaría este xoves os servizos habituais na circulación de trens que unen Galicia con Madrid "se o incendio está controlado".

Ademais, sinalaba que programaría trens especiais para os usuarios que non puideran viaxar pola suspensión do servizo ferroviario.

"Quen teña billete para viaxar mañá recibirán a información correspondente por mensaxe e por correo electrónico", avisou a compañía ferroviaria.

Adif explicou que non puidera garantir a continuación da circulación ferroviaria interrompida de novo pola proximidade dun incendio á vía.

Durante a tarde, técnicos de Adif inspeccionaron a infraestrutura para valorar se se podería renovar o servizo ferroviario, algo que polo momento está descartado.

A suspensión dos trens xerou acumulación de pasaxeiros nas estacións, a quen se lles deu a opción de cambiar e anular os seus billetes sen custo algún.

As estacións de Madrid-Chamartín e de Galicia permaneceron abertas toda a noite para acoller a quen non puidese viaxar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade