Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe estuda cambios nos horarios dos trens Ferrol-A Coruña tras a mobilización en Ferrol

Renfe estuda cambios nos horarios dos trens Ferrol-A Coruña tras a mobilización en Ferrol

A asociación Foro Cidadán polo Ferrocarril traslada o interese do operador ferroviario

Máis de 10.000 persoas reclamaron melloras no servizo

G24.gal 01/12/2025 18:09

Renfe mostrou a súa disposición para analizar cambios nos horarios dos trens da liña Ferrol-A Coruña despois da manifestación deste domingo en Ferrol.

A marcha  reuniu máis de 10.000 persoas para pedir a modernización do servizo ferroviario na comarca.

O Foro Cidadán polo Ferrocarril informou tras reunirse co representante de Renfe en Galicia que Javier Pérez López explicou que o número de frecuencias depende do contrato de servizo público en vigor.

Indicou que trasladará as peticións aos responsables de Renfe e ao Ministerio de Transportes.

O representante de Renfe expresou disposición para facilitar unha reunión cos responsables da delegación de Asturias respecto ao servizo de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo.

Sobre as demandas de modernización da liña, apuntou que son competencia do Ministerio de Transportes e comprometeuse a remitir estas solicitudes.

A asociación explicou que Renfe tamén atribuíu ao Ministerio a decisión sobre a recuperación da liña directa con Madrid, suprimida o pasado mes de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade