Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renato Tapia comeza a tocar balón e ve o equipo nun proceso de mellora

Renato Tapia comeza a tocar balón e ve o equipo nun proceso de mellora

Renato Tapia volveu lesionado da concentración con Perú Renato Tapia volveu lesionado da concentración con Perú
G24.gal 23/10/2021 12:50

Comeza unha semana con tres xornadas, pero o Celta será o último en estreala. O luns visita ao cabeiro, o Xetafe, nun deses partidos trampa, como alerta Renato Tapia. En pleno proceso de recuperación, o peruano ve unha mellora do xogo dos seus compañeiros, máis aló dos malos resultados.

Co ruxe-ruxe sobre o rendemento de Aspas nos foros futbolísticos, a mellor nova para o celtismo é que Renato Tapia xa comezou a tocar balón nalgún adestramento.

Tapia: "Tiven un par de adestramentos co fisio e xa comecei a tocar balón, tratando de sentir un pouco mellor o pé".

Desde a perspectiva que da a bancada, o peruano ve o equipo en fase de progreso.

Tapia: "Cada día véxoos mellor, máis alá dos resultados".

Canto o rival do luns, Tapia apela a melloría celeste e aos números da clasificación.

Tapia: "O Xetafe será un partido moi complicado, eles tamén se xogan moito"

 

Será o segundo partido para Quique Sánchez Flores no banquiño xetafense Será o segundo partido para Quique Sánchez Flores no banquiño xetafense
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar