Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Remontada con suspense final do Deportivo Abanca
                            G24.gal
                        
                            13/11/2021 19:23
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Deportivo feminino foi quen de remontar o gol inicial de Alba Zafra na súa visita ao feudo do filial do Atlético de Madrid en Alcalá de Henares. Con este resultado mantén a segunda posición e segue apertando a clasificación nos postos nobres.
A destacar a rápida reacción das herculinas, xusto na reanudación do tanto inicial do Atlético B marcaba Laura Fernández o gol do empate. Logo porían o 1-3 Paula Gutiérrez (36') e Ainhoa Marín (83'). Cando o partido agonizaba un anecdótico gol en propia porta pechou o marcador co 2-3 definitivo.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
        .jpg) 
            
         
            
                