Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Llorente "A pesar de non xogar ao que queriamos, son tres bos puntos"

Miguel Llorente "A pesar de non xogar ao que queriamos, son tres bos puntos"

O técnico do Deportivo Abanca amosouse satisfeito co triunfo en Alcalá de Henares

G24.gal 13/11/2021 20:14

Tivo que sufrir o conxunto branquiazul para sumar unha nova vitoria na 2ª División Feminina. Tras remontar, houbo que aguantar o resultado nos últimos minutos, algo que non lle gustou ao técnico Miguel Llorente

"É certo que non estivemos cómodas. Non xogamos ao que queriamos, os rivais tamén existen. Pero a vitoria foi boa, son tres puntos moi importantes. A Copa xa está pasada, o importante é a Liga. Hoxe remontamos, marcamos o empate no seguinte minuto, é algo a destacar. Canto máis falo máis contento marcho"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade