Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remonta épica do Celta B contra a SD Logroñés

Remonta épica do Celta B contra a SD Logroñés

Miguel Rodríguez, Holsgrove de penalti e Fabricio foron os goleadores

G24.gal 09/01/2022 13:57

O Celta B comezou o ano en Barreiro cunha vitoria sufrida fronte á SD Logroñés nun partido moi igualado.

Os visitantes, que levaban máis de dous meses sen gañar, puxéronlles as cousas moi difíciles aos de Onésimo. En apenas 10 minutos, despois deste erro na saida da pelota, o Logroñés facía o primeiro gol do partido.

Os locais reaccionaron con este xute de Miguel Rodriguez que impactou no pao esquerdo da porteria. No 35, tras outro erro da defensa do Celta B, o Logroñés puido facer o segundo. Tralo descanso, os celestes xogaron mellor.

Miguel Rodríguez, o mellor dos vigueses, protagonizou esta gran xogada individual, cun disparo axustado que non puido deter o porteiro, pero o Logroñés seguiu achegándose con perigo á porteria celeste.

En apenas 10 minutos poñias novamente por diante con esta cabezada case a porta baleira de Sandoval, que asinou os dous goles do seu equipo. O Celta B soubo encaixar o golpe.

Reaccionou no 29 grazas a este penalti a Miguel Rodriguez. O escocés Holsgrove puxo o empate a dous no marcador desde os 11 metros. Pero o mellor para os celestes estaba ainda por chegar. A 8 minutos para rematar, Fabricio facía o terceiro tras esta combinación da dianteira celeste. Así se chegou ao final, 3-2 no marcador e primeira vitoria do ano para os de Onésimo Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade