Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remolcado un pesqueiro con sete tripulantes á deriva a seis millas de Fisterra

Remolcado un pesqueiro con sete tripulantes á deriva a seis millas de Fisterra

Quedou parado debido a un enganche do aparello na hélice

Salvamento Marítimo remolcou a embarcación ata o porto de Muros

Pesqueiro Meira da Costa Pesqueiro Meira da Costa
G24.gal 08/05/2024 17:21

O pesqueiro Meira da Costa, con sete tripulantes, necesitou ser remolcado este mércores ao atoparse á deriva a 6,5 millas de cabo Fisterra debido ao enganche do aparello de pesca na hélice.

Segundo informan por parte de Salvamento Marítimo a Europa Press, o barco deu aviso ás 10:50 horas do sucedido, ante o cal o centro de Fisterra mobilizou á Salvamar Régulus.

A embarcación de Salvamento Marítimo remolcou ao arrastreiro de 28 metros de eslora ata Muros, ao porto base do Meira da Costa, lugar ao que chegaron ás 15:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos