Cargando resultados...
Remata en Compostela a primeira experiencia interactiva da plataforma PetisGo!
O Dragal Challenge é un xogo baseado no universo creado pola escritora Elena Gallego Abad
G24.gal
12/02/2022 19:47
Santiago acolleu a proba final do Dragal Challenge, a primeira experiencia para familias da plataforma de contidos interactivos impulsada pola CRTVG e a Xunta de Galicia.
A PetisGo! foi creada por tecnolóxicas galegas e terá aplicacións educativas en ámbitos como o turismo ou a cultura.
O xogo, baseado no universo Dragal creado pola escritora galega Elena Gallego Abad, rematou este sábado na Alameda compostelá.
As familias participantes tiveron que seguir, durante días, as pistas para topar os ovos do último dragón escondidos en lugares históricos de Galicia. O reto puido seguirse a través da plataforma.