Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a fase penal do xuízo do Alvia e a semana próxima comeza a fase civil

Remata a fase penal do xuízo do Alvia e a semana próxima comeza a fase civil

A perita Pilar Calvo, especialista en factor humano no transporte, descarga no Adif toda a responsabilidade do acontecido

G24.gal 08/02/2023 20:22 Última actualización 08/02/2023 20:33

A sesión de hoxe foi a última da fase penal do xuízo, e nela escoitouse a Pilar Calvo, unha perita especialista en seguridade e factor humano citada pola defensa do maquinista, Francisco Garzón.

Calvo asegurou que cando se eliminou o sistema ERTMS no treito de entrada a Santiago, o Adif tiña coñecemento do risco que supoñía suprimir esa axuda á condución na curva da Grandeira. 
Tamén dixo que non lle constaba que o maquinista empregase medio ningún de distracción. 
A declaración da psicóloga foi tan extensa que obrigou a xuíza a propoñerlle un descanso.
A sesión seguiu adiante, e Pilar Calvo volveu descargar no Adif toda a responsabilidade do acontecido.

Rematada a fase penal, a semana que vén está previsto que comece a fase civil do caso onde se determinarán as indemnizacións ás vítimas e a todos os afectados polo accidente de Angrois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade