Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redúcense as infeccións e os contaxios en Galicia, pero aumentan os ingresos

Redúcense as infeccións e os contaxios en Galicia, pero aumentan os ingresos

Hai 575 pacientes con coronavirus nos hospitais, seis máis nas últimas 24 horas

As persoas co virus activo en Galicia xa son menos de 30.000, (28.539)

O Sergas non notifica falecementos pola covid nas últimas 24 horas. Son 3.074 os decesos durante a pandemia

G24.gal 20/02/2022 09:55 Última actualización 14:30

Os indicadores da incidencia do coronavirus en Galicia seguen a amosar a súa tendencia á melloría, con datos das 18 horas do sábado, agás no caso das hospitalizacións que presentan unha repunta.

As persoas coa infección activa son 28.539, (-2.112) polo que baixan despois de varias semanas dos 30.000 casos. Tamén segue a redución de diagnósticos diarios nas probas realizadas con algo máis de medio milleiro menos de positivos en 24 horas, (-510) e sitúa a cifra en 1.462.

Pola contra rexístrase unha lixeira repunta dos ingresos con 575 persoas que precisan atención hospitalaria, seis máis que a xornada anterior. Son 543 os pacientes en planta, sete máis que o venres, pero iso si, hai un enfermo menos nas UCI, e son 32 os que permanecen nestas unidades.

O Sergas non informa de novos falecementos por coronavirus nas últimas horas polo que a cifra de decesos mantense en 3.074 persoas desde o comezo da pandemia.

Situación por áreas sanitarias

As infeccións activas baixan en todas as xerencias galegas e só a da Coruña segue por riba das 6.000 persoas co virus. As hospitalizacións redúcense en Ourense, Santiago e Pontevedra e soben no resto. Os diagnósticos diarios nas probas só se incrementan por riba dos 300 en Vigo, e en Ferrol son un cento os contaxios diarios.

A Coruña : 6.089

Vigo :  5.855

Ourense : 3.321

Santiago : 5.052

Lugo : 3.210

Pontevedra : 3.152

Ferrol : 1.544

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar