Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redondela acolle unha clase maxistral de dirección de orquestra

Redondela acolle unha clase maxistral de dirección de orquestra

O  holandés Sander teepen é o encargado de explicar técnicas de dirección

G24.gal 12/11/2021 20:21

Músicos profesionais e directores de todo tipo de formacións participan estes días nunha master class de dirección orquestral en Redondela, a cargo do prestixioso músico holandés Sander Teepen. 

O director da Radio Filharmónica Orquestra dos Países Baixos é o encargado de ofrecer estas clases dentro do programa de formación continua deseñado pola banda de saxos de Redondela.  Aprenden os alumnos e tamén os membros da Orquestra, especialmente motivados ao ter con eles un mestre de proxección internacional. 

A directora da Orquestra de saxos de Redondela explica que non é habitual que unha persoa con tanto recoñecemento teña dotes para a docencia, mentres que Teepen destaca o talento dos alumnos máis novos. 

Buscan formar xa non só aos seus alumnos senón a outros profesionais do mundo da música. Queren ofrecerlles oportunidades con grandes mestres sen que teñan que marchar ao estranxeiro.

Este sábado, ofrecerán  un gran concerto no Multiusos da Xunqueira de Redondela dirixido polo propio Teepen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar