Publicador de contidos

Publicador de contidos

Red Eléctrica entrega toda a información solicitada sobre o apagamento

Red Eléctrica entrega toda a información solicitada sobre o apagamento

A compañía remitiu millóns de datos procedentes da súa ‘caixa negra’

Os directivos mantiveron unha reunión co Goberno para avanzar na análise do incidente

O Goberno pide máis información aos operadores eléctricos para concretar as causas do apagamento

G24.gal 01/05/2025 19:24

Red Eléctrica completou a entrega de todos os datos solicitados pola comisión creada polo Goberno para investigar as causas do apagamento do pasado luns, segundo informou este xoves a empresa.

A compañía destacou que responde así aos requerimentos das autoridades competentes, coas que colabora desde o inicio do incidente.

Segundo explicou Red Eléctrica, a información achegada procede da chamada ‘caixa negra’ do sistema eléctrico, que contén millóns de datos relacionados coa operación da rede.

Os rexistros inclúen tanto a actividade do día do apagamento como información doutros sistemas informáticos da compañía.

Reunión con altos cargos do Goberno

Unha delegación da dirección de Red Eléctrica, encabezada pola presidenta de Redeia, Beatriz Corredor, e o conselleiro delegado do grupo, Roberto García Merino, reuniuse este xoves co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard; co secretario de Estado de Telecomunicacións, Antonio Hernando; e co director xeral de Política Enerxética e Minas, Manuel García.

Durante a reunión, continuaron co análise do incidente e da situación actual do sistema eléctrico.

A Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade (Entso-e) felicitou este xoves a Red Eléctrica pola "rápida recuperación" do sistema español tras o apagamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade