Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa crea un comité para investigar o apagamento eléctrico na península ibérica

Europa crea un comité para investigar o apagamento eléctrico na península ibérica

O informe técnico inicial estará listo nun prazo de seis meses

O grupo inclúe expertos independentes e representantes das autoridades reguladoras

Xente ás escuras nunha rúa de Santiago Xente ás escuras nunha rúa de Santiago
G24.gal 01/05/2025 15:52

 A Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade (ENTSO-E) anunciou este xoves a creación dun comité de expertos para investigar as causas do apagamento eléctrico que afectou a España e Portugal o pasado luns.

O grupo analizará as causas fundamentais do “incidente tan excepcional e grave”, elaborará un informe técnico detallado e proporá recomendacións nun informe final. ENTSO-E comprometeuse a ofrecer antes un documento exhaustivo con todos os detalles técnicos do suceso.

O comité estará presidido por operadores que non se viron directamente afectados polo apagamento.

Incluirá tamén outros expertos europeos e representantes das partes implicadas no incidente.

ENTSO-E convidará a participar tamén ás Autoridades Reguladoras Nacionais e á Axencia para a Cooperación dos Reguladores da Enerxía (ACER).

A rede europea de operadores deberá manter informadas periodicamente tanto á Comisión Europea como aos Estados membros.

Prazos para os informes

Fontes comunitarias indicaron que o primeiro informe técnico estará listo no prazo de seis meses. A versión final entregarase antes da publicación do informe anual de incidencias de 2025, prevista para setembro de 2026.

O comisario europeo de Enerxía, Dan Jørgensen, celebrou a creación do grupo de expertos a través das súas redes sociais.

“Agora que o subministración eléctrica se restableceu por completo, é fundamental determinar as causas do incidente”, afirmou.

Tamén destacou que “as medidas de mellora deben basearse en datos obxectivos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade