Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan 12.000 pezas arqueolóxicas en Cáceres con máis de 100.000 anos de Historia

Recuperan 12.000 pezas arqueolóxicas en Cáceres con máis de 100.000 anos de Historia

Detido un arqueólogo, acusado da espoliación, que mesmo chegou a "restaurar" algunha con pegamento

G24.gal 19/02/2022 11:10

Axentes da policía nacional recuperaron en Cáceres uns 12.000 obxectos arqueolóxicos de gran valor histórico da Península e que contan cun alto interese científico e gran valor económico.

A operación saldouse coa detención dun arqueólogo que mesmo chegou a "restaurar" algunha peza valiosa con masilla branca e pegamento de xeito improcedente.

As pezas espoliadas pertencen a un arco cronolóxico que abrangue máis de 100.000 anos de historia da Península Ibérica e entre os obxectos están lousas visigodas, fíbulas, restos de cerámicas, pezas de instrumental médico de cultura romana, milleiros de moedas de diferentes épocas e culturas, pezas de industria lítica, follas de armas romanas e un revólver histórico.

A investigación comezou cando os axentes souberon dunha persoa que estaba en posesión dunha cantidade considerable de lousa de orixe visigoda de escritura, debuxo e numerais, todas elas procedentes de espolio e cun gran valor histórico. A particularidades das lousas é que se trataba de materiais orixinais e que pertencían a unha época da que se conservan escasas referencias escritas. O home mesmo participou en prospeccións arqueolóxicas.

Detido un arqueólogo por delitos contra o patrimonio histórico

As pescudas permitiron identificar e localizar á persoa que tiña as pezas nunha localidade de Cáceres. Ademais chegou a publicar algún artigo en revistas especializadas sobre as súas investigacións. Tras un rexistro no seu domicilio, axentes especializados en Patrimonio Histórico detiveron o individuo investigado pola súa suposta implicación en delitos contra o patrimonio e a apropiación indebida.

Pezas de alto interese científico e valor económico

No rexistro recuperáronse gran cantidade de obxectos arqueolóxicos. Ademais do valor económico, entre as pezas hai algunhas de alto interese científico e histórico, que está mermado pola perda do contexto arqueolóxico. O arco cronolóxico en que se crearon os obxectos intervidos abrangue máis de 100.00 anos de Historia da Península Ibérica.

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos