Cargando resultados...
Recrúan as protestas en Israel contra a reforma xudicial
Recrúan as protestas en Israel contra a reforma xudicial
O Parlamento israelí aproba a lei que blinda a Benjamin Netanyahu

G24.gal
24/03/2023 08:04
O Parlamento de Israel aprobou unha lei que blinda o primeiro ministro, Benjamin Netanyahu. Non poderá ser recusado nin declarado non apto para exercer as súas funcións. Esta norma forma parte da polémica reforma xudicial que impulsa o Goberno de dereita e extrema dereita e que leva provocando protestas masivas por todo o país desde hai case tres meses.
Netanyahu dixo que faría o posible por calmar a situación, pero tamén asegurou que non vai dar marcha atrás a pesar das mobilizacións.