Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recollen sinaturas en Lugo para urxir a apertura do Auditorio de Magoi

Recollen sinaturas en Lugo para urxir a apertura do Auditorio de Magoi

O edificio, en obras desde hai anos, construíuno a Xunta, pero o propietario é o Concello

O remate das obras está previsto para mediados de 2022

G24.gal 28/01/2022 17:21

O PP comezou unha campaña de recollida de sinaturas para que se abra o Auditorio de Magoi en Lugo.

Os populares estiveron esta mañá na praza Maior convidando os veciños a sumarse á súa reivindicación.

Din que o Auditorio está en situación de abandono e que o Goberno local como propietario non fai nada pola súa xestión.

Complicacións primeiro coa transferencia do edificio e logo coas obras de remate, fai que Lugo leve 20 anos agardando polo novo auditorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade