Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman máis medios na homenaxe aos gardas civís mortos en Barbate hai un ano

Reclaman máis medios na homenaxe aos gardas civís mortos en Barbate hai un ano

Ademais de honrar a súa memoria, en varios actos, tamén en Cádiz, reclamáronse máis medios

Os veciños apuntan que continúan os problemas de seguridade nesa zona da costa andaluza

G24.gal 07/02/2025 14:13

A abordaxe da narcolancha acabou coas vidas de David Pérez Carracedo e Miguel Ángel González Gómez o 9 de febreiro de 2024. Aquelas imaxes que impactaron a sociedade española e xeraron denuncias polos medios cos que contaban os axentes fronte aos delincuentes.

Sucedeu no porto de Barabate, e alí rendéronlles homenaxe. O seu alcalde, Miguel Molina, insistiu en que "o seu sacrificio non pode nin debe ser esquecido e obríganos a seguir esixindo xustiza e recoñecemento para aqueles que cada día poñen a súa vida en risco para protexernos".

Ademais de honrar a súa memoria, en varios actos, tamén en Cádiz, reclamáronse máis medios.  Alcalde de Barbate esixiu "que doten ás forzas e corpos de seguridade do estado dos medios necesarios para combater con eficacia e seguridade as redes criminais que ameazan a nosa convivencia".

Tamén os veciños apuntan que continúan os problemas de seguridade nesa zona da costa andaluza. En setembro, foi detido o home que presuntamente conducía a lancha que arremeteu contra a zódiac dos gardas civís. Este domingo haberá unha ofrenda floral no porto de Barbate, onde sucederon os feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade