Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recibe unha brutal malleira e o agresor róuballe os 550 euros que tiña no peto

Recibe unha brutal malleira e o agresor róuballe os 550 euros que tiña no peto

A Policía Nacional investiga os feitos, pero aínda non prendeu o agresor

G24.gal 20/09/2023 14:34

A vítima relata como aconteceu a agresión que sufriu este luns á noite no interior do bar que rexenta no barrio coruñés do Ventorrillo: "Abalanzouse sobre min, empurroume e meteume dentro da cafetería. Estivemos forcexando e fíxome unha chave no pescozo. Apertoume duro ata que, sen mediar palabra, díxome que lle dera os cartos. E dinlle os 550 euros que tiña no peto".

Asegura que trala malleira quedou tirado no chan. "Non podía respirar e tampouco me podía erguer. Despois conseguín saír e axudáronme os do local do lado", relata.

O home di que cando viu aparecer ao suposto agresor acompañado dunha moza xa sospeitou del porque dous días antes estivera no negocio e tivera que botalo.

A vítima continúa na casa recuperándose de todas as súas feridas e tamén do susto. Xa presentou denuncia na Policía Nacional, que investiga o sucedido. De momento non detiveron o agresor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade