Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rebaixan de oito a seis anos a condena a un home que agrediu sexualmente unha rapaza de 15 en Ourense

Rebaixan de oito a seis anos a condena a un home que agrediu sexualmente unha rapaza de 15 en Ourense

A Audiencia de Navarra non rebaixará as penas por delitos sexuais se caben na lei do si é si

A Audiencia de Cantabria rebaixa de 18 a 11 anos as condenas de dous agresores sexuais ignorando o Código Penal de 1995

 

G24.gal 28/11/2022 20:26 Última actualización 28/11/2022 21:43

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rebaixa de oito a seis anos de cárcere a pena imposta pola Audiencia Provincial de Ourense a un home que abusou sexualmente dunha menor de 15 anos tras manter contacto con ela a través da rede social Instagram.

Os feitos ocorreron en setembro de 2018.

Os maxistrados explican que rebaixaron a pena por “ministerio da lei”, é dicir, por estar así establecido mediante lei, e que tiveron en conta o ditame emitido polo Ministerio Fiscal no sentido de que, neste caso, procede a rebaixa da condena.

O alto tribunal galego indica: “A nova regulación do acto de carácter sexual con menores, na súa modalidade de acceso carnal, parte dunha pena mínima de seis anos, a diferenza da anterior regulación, que fixaba tal grao mínimo en oito”.

No presente caso, o tribunal de instancia aplicou a pena mínima, unha pena que na redacción vixente é inferior na mesura expresada.

O TSXG, do mesmo xeito que os xuíces de primeira instancia, considera probado que o condenado acolleu á adolescente na súa casa, que ambos estiveron bebendo e que despois a agrediu.

A Audiencia de Cantabria rebaixa de 18 a 11 anos as condenas de dous agresores sexuais ignorando o Código Penal de 1995

A Audiencia Provincial de Cantabria baixa as penas de prisión a once anos para dous homes, condenados a 18 anos de cárcere en 2020 por un delito de agresión sexual e outro de cooperación necesaria despois de agrediren sexualmente unha moza nun hostal de Santander.

A sentenza considerou cada un deles autor dun delito de agresión sexual agravada, pola actuación conxunta de dúas persoas, e cooperador necesario do delito de agresión sexual executado polo outro.

Daquela, a pena imposta foi de 12 anos de prisión polo primeiro delito e de 6 anos polo segundo. Ambas as condenas están dentro do abano de penas que prevé a actual lei do si e si e, polo tanto, segundo dispón o Código Penal de 1995, non deberían ser revisadas á baixa.

Aplicando a lei do só si é si, os xuíces rebaixaron a pena polo primeiro delito de 12 a 7 anos.

O tribunal explica que a condena se estableceu no seu día coa mínima pena que a lei apuntaba para o delito de agresión sexual, pero agora, prevese para a devandita conduta unha pena de entre sete e quince anos.

Polo segundo delito foron condenados entón a seis anos de prisión, dado que se considerou "procedente a pena mínima", que agora vai de catro a doce anos de prisión.

A Audiencia rexeita aplicar a disposición transitoria de Código penal de 1995 sobre revisión das penas "na que algúns órganos xudiciais se basearon para mantelas".

"Non se considera que eses criterios sexan aplicables a unha lei aprobada vinte e sete anos despois daquela", sinala a sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade