Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mallorca creba os prognósticos e métese na final da Copa

O Mallorca creba os prognósticos e métese na final da Copa

O galego Brais Méndez fallou un penalti no primeiro tempo

O partido e a prórroga acabaron con empate (1-1) e decidiuse a eliminatoria na quenda de penaltis

G24.gal 27/02/2024 22:53 Última actualización 28/02/2024 07:34

O Mallorca, contra todo prognóstico, gañou en Donostia o partido de volta das semifinais da Copa do Rei e xogará a cuarta final da súa historia. 

A Real Sociedade partía como favorita, xogando na casa e co empate sen goles da ida. No primeiro tempo levou o peso do partido, pero custoulle moito xerar perigo. Aínda así gozou dunha inmellorable ocasión para adiantarse, pero o de Mos Brais Méndez non acertou desde o punto de penalti. 

Ao pouco de comezar o segundo tempo chegou o gol de Gio que lle daba vantaxe ao Mallorca. 

A saída de Oyarzábal resultou determinante. O dianteiro internacional aproveitou no 71 un pase de Brais Méndez para marcar o gol do empate. 

O partido foi á prórroga; nela, a Real gozou de dúas ocasións moi claras para resolver a eliminatoria, pero o Mallorca tivo a dose de sorte necesaria para aguantar e chegar aos penaltis. O porteiro Greif acertou a deter o penalti de Oyarzábal e xa non habería máis erros nos lanzamentos (4-5), así que os de Aguirre buscarán o segundo título da súa historia vinte anos despois do conseguido contra o Recreativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos