Publicador de contidos
Publicador de contidos

Real Madrid e Barcelona poñen o foco na arbitraxe a escasos días de xogaren o Clásico

Real Madrid e Barcelona poñen o foco na arbitraxe a escasos días de xogaren o Clásico

Ancelotti e Xavi céntranse en contestar preguntas sobre o labor arbitral antes de mirar cara á Liga de Campións

G24.gal 24/10/2023 21:06

A catro días para o Clásico en Montjuic, os adestradores do Real Madrid e do Barcelona están de acordo. No seu discurso Ancelotti tamén deixou caer dalgún xeito o caso Negreira, pero Xavi non cre que haxa intención de influír no árbitro do Barça-Madrid.

Ancelotti

Non teño liberdade de expresión falando dos árbitros

É un momento no fútbol español especial, ata que non sexa aclarado imos ter problemas

Teño confianza nos árbitros, nalgúns máis e noutros menos

Xavi

Ancelotti ten razón no da falta de liberdade de expresión

Fálase demasiado dos árbitros e condiciónase demasiado

O Real Madrid sentiuse prexudicado en Sevilla e por iso protesta

Quéixanse os dous grandes, dando unha de cal e outra de area. Mensaxes cruzadas e con destino por determinar. Aínda non se coñece que árbitro vai estar no punto de mira o sábado en Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar