Cargando resultados...
Rafael Silva, do Consello de Administración do Obradoiro, candidato á presidencia da FGB
G24.gal
13/07/2022 16:01
Última actualización 13/07/2022 16:05
Haberá dous candidatos á presidencia da Federación Galega de Baloncesto: Julio Bernárdez e Rafael Silva.
Rafael Silva, membro do Consello de Administración do Monbus Obradoiro, presentou esta mañá a súa candidatura. Á fronte dun grupo en que están carascoñecidas do baloncesto galego como Iago Casal ou Rubén Dominguez.
As eleccións serán no mes de decembro. O baloncesto galego elixirá o sucesor do vigués Paco Martín, quen leva dezaseis anos á fronte da federación autonómica e deixa o cargo a finais deste 2022.