Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafael Louzán: "Pode haber opción de incorporar Vigo. A FIFA é quen terá que tomar a decisión"

Rafael Louzán: "Pode haber opción de incorporar Vigo. A FIFA é quen terá que tomar a decisión"

O presidente da RFEF considera que a FIFA podería incorporar Vigo e a Valencia á lista de sedes

Lamentouse da renuncia da Coruña a acoller o mundial

As instalacións das sedes terán que estar rematadas no ano 2028

G24.gal 19/03/2026 17:28

O presidente da RFEF, Rafael Louzán, atendeu os micrófonos da Galega na Senra, despois do amigable de veteranos que enfrontou á Selección Galega e o Real Madrid, e valorou o panorama das posibles sedes de cara o munidal 2030 tras a renuncia da Coruña:

"Arredor de Vigo houbo bastante ruído en relación a esta situación. É unha aspiración lexítima para que Vigo poida ser sede. Agora mesmo hai duas renuncias. Pode haber opción de incorporala por parte da FIFA que é quen terá que tomar a decisión".

"É unha mágoa o que pasou na Coruña. Creáronse expectativas pola candidatura. É unha verdadeira mágoa que despois de dous anos o proxecto non se consolide. Terá que dar explicacións a cidade e o concello. Hai que seguir traballando en Vigo e en Valencia e oxalá poidan ser".

"Toca esperar que dictamine a FIFA. España e a RFEF terá que seguir traballando para ter o mellor mundial da historia. FIFA tomará a decisión despois do Mundial 2026. Entre finais deste ano e principios do próximo. En 2028 os estadios teñen que estar rematados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade