O canon pola concesión de Balaídos ao Celta será de 800.000 euros anuais
O alcalde de Vigo deixou claro que o Concello manterá un papel activo na xestión do recinto
Caballero e a presidenta do Celta, Marián Mouriño, comparecerán en Balaídos na tarde deste venres con motivo deste acordo
O Concello de Vigo iniciou o camiño para formalizar a concesión do estadio municipal de Balaídos ao Real Club Celta de Vigo, un acordo chamado a definir o futuro do recinto durante varias décadas.
A aprobación en xunta de Goberno do prego de condicións económico-administrativas supón, en palabras do alcalde, Abel Caballero, “o principio dun procedemento que arrinca moi ben” e que considera “moi bo para a cidade, moi bo para o Celta de Vigo e moi bo para todos”.
Un dos puntos clave do acordo é o canon anual que o club aboará ao Concello, fixado en 802.837,93 euros. Con todo, o alcalde detallou que esta cantidade “podería axustarse” en función dalgunhas circunstancias
Caballero quixo situar o foco na transcendencia deste primeiro paso, subliñando non só o contido do acordo, senón tamén o clima co que se inicia a súa tramitación.
“Estamos no principio do procedemento, a primeira aprobación”, explicou,
Destacou o que agora ábrese un período de exposición pública de 30 días hábiles no que poderán presentarse alegacións antes da aprobación definitiva. Neste sentido, o rexedor insistiu na importancia de respectar os tempos administrativos, aínda que sen ocultar o seu optimismo.
Caballero tamén detallou os dereitos que adquire o club, como a comercialización dos dereitos audiovisuais dos eventos deportivos, a posibilidade de establecer unha denominación comercial para o estadio e a organización de actividades culturais e de lecer. No entanto, deixou claro que o Concello manterá un papel activo na xestión do recinto. O alcalde considera que este paso é "moi bo para a cidade de Vigo, para o Celta e para todos" e afirma que "cando os procedementos arrincan ben, un ten que mostrar a satisfacción".
Neste caso, expresa a súa privado "como alcalde e como afeccionado do Celta" e polo que supón para a cidade. Caballero e a presidenta do Celta, Marián Mouriño, comparecerán en Balaídos na tarde deste venres con motivo deste acordo.