Rafael Louzán insiste na dimisión de Rubiales polos seus actos "impropios"
Tamén ten claro que Jorge Vilda non pode continuar á fronte da selección
Co paso dos días LuÍs Rubiales perde apoios na súa cruzada particular, comezando pola propia Federación. Moitos dos que o pasado venres aplaudían o seu discurso, cambiaron de opinión.
A Federación esíxelle que dimita e que non aproveite os recursos federativos no seu beneficio, na súa defensa. Entre os que apostan por un novo ciclo está Rafael Louzán. O presidente da Federacion galega ten claro que Rubiales debe dimitir e deste xeito, comezar unha nova etapa.
"Os actos que aconteceron en Australia son impropios dun presidente dunha federación".
"Debido a iso e tamén ao que foi acontecendo despois deses sucesos, que foron a peor, pedimos a súa dimisión".
Hai seis días Rafael Louzán xustificaba a Rubiales dicindo que "son erros que se cometen na vida”.
"Nun principio non lle demos a dimensión que tiña".
"Ademais, na asemblea fíxose unha utilización de presidentes e doutras persoas... que son impropias"
Ten claro que Jorge Vilda non pode continuar como seleccionador.