Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafa Nadal repite fazaña e clasifícase para semifinais de Wimbledon

Rafa Nadal repite fazaña e clasifícase para semifinais de Wimbledon

Medirase con Kyrgios na penúltima rolda do torneo

EFE
G24.gal 06/07/2022 20:46 Última actualización 06/07/2022 20:54

Rafa Nadal tirou novamente de épica para meterse en semifinais de Wimbledon.

Foron necesarias máis de catro horas de partido para desfacerse do estadounidense Taylor Harry Fritz, de 24 anos e número 14 do mundo.

Nadal tombouno no tie break definitivo, nun exercicio de solvencia e seguridade. 

Unha forte dor abdominal fixo prender as alarmas e ameazou, de feito, con retirar o balear do encontro. Nadal repúxose e conseguiu igualar a segunda manga. A partir de aí, a gran xesta.

Rafa medirase con Nick Kyrgios na penúltima rolda do torneo londiniense. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos