Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafa Nadal despídese do Aberto de Australia minguado por unha lesión

Rafa Nadal despídese do Aberto de Australia minguado por unha lesión

Tivo que ser atendido no segundo set e acabou perdendo diante de McDonald en tres roldas

G24.gal 18/01/2023 07:29

O soño de repetir triunfo no Aberto de Australia esvaeceuse para Rafa Nadal. As sensacións nos torneos previos non estaban a ser as mellores, pero sempre que chega un Grand Slam aparece a mellor versión do tenista español.

Non aconteceu, e, desta volta, quedou eliminado na segunda rolda diante de McDonald por un contundente 4-6, 4-6, 5-7. Os problemas físicos de Rafa Nadal, de 36 anos, notáronse desde o comezo do partido e acentuáronse no segundo set, cando tivo que ser atendido polas asistencias. 

Malia todas as adversidades, Nadal non quixo retirarse e pelexou na pista por despedirse do mellor xeito de Australia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade