Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Mir defende a súa inocencia e pide desculpas "por incumprir os horarios que se espera dun profesional"

Rafa Mir defende a súa inocencia e pide desculpas "por incumprir os horarios que se espera dun profesional"

"Confío plenamente na Administración de Xustiza deste país, coa que colaborei desde o primeiro minuto para esclarecer os feitos", declarou Rafa Mir nun comunicado difundido na súa conta de X unha semana despois de ser acusado de agresión sexual por dúas mulleres

Rafa Mir, tras quedar en liberdade (EFE/ Raquel Segura) Rafa Mir, tras quedar en liberdade (EFE/ Raquel Segura)
G24.gal 09/09/2024 11:30

O futbolista do Valencia C. F. Rafa Mir afirmou este luns que confía "plenamente na Administración de Xustiza" e pediu desculpas ao seu club, ao corpo técnico, aos compañeiros e aos afeccionados por "incumprir co rigor dos horarios que se espera dun profesional", despois de ser detido o pasado martes por presunta agresión sexual.

"Confío plenamente na Administración de Xustiza deste país, coa que colaborei desde o primeiro minuto para esclarecer os feitos", declarou Rafa Mir nun comunicado difundido na súa conta de X unha semana despois de ser acusado de presunta agresión sexual por parte de dúas mulleres.

O xogador, que foi posto en liberdade, defendeu a súa "inocencia" e reiterou o contido do comunicado emitido polo seu avogado Jaime Campaner, do que dixo que "tan pronto como puido poñerse a traballar en igualdade de condicións coas acusacións, o caso deu un xiro importante que evidencia o infundada que resulta a denuncia".

"Por todo iso, quero expresar as miñas máis sinceras e profundas desculpas ao meu club, o Valencia C. F., ao corpo técnico, aos meus compañeiros e principalmente á afección valencianista, por incumprir, aínda que fose nun día libre, co rigor dos horarios que se espera dun profesional e máis se cabe tras un inicio de tempada afastado das nosas expectativas", escribiu o murciano con familia en Mallorca.

Mir, na súa condición de futbolista profesional, expresou a súa intención de poñer todas as súas "enerxías" para "axudar" ao seu club e os seus compañeiros. Tamén agradeceu á súa familia o "agarimo e apoio" que lle mostraron "en todo momento".

"O voso amor e a verdade faranme superar esta situación tan traumática que estou a vivir", destacou, á vez que anunciou que, seguindo o consello do seu avogado, traballará "nos tribunais e non nos medios de comunicación ou nas redes sociais".

O futbolista do Valencia foi detido pola Garda Civil o pasado martes 3 de setembro por unha denuncia interposta por unha muller por presunta agresión sexual. A denuncia interpúxoa unha muller de 25 anos que di que foi agredida xunto con outra muller no domicilio particular de Rafa Mir. Nos feitos, segundo o relato da denunciante, participaría outro futbolitas do Alcantarilla tamén detido.

Tras dúas noites no calabozo, o xogador quedou en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade