Benítez revírase contra o vitimismo: "Isto non pode ser un sufrimento permanente"
Cre que o seu equipo "si fixo os deberes, pero non foi suficiente para sacar nota"
Mihailo Ristic e Carles Pérez non xogarán ante o Atlético de Madrid
O adestrador do Celta, Rafa Benítez, considera que o seu equipo "si fixo os deberes, pero non foi suficiente para sacar nota" neste inicio de liga.
O técnico mantén a súa confianza en que están no "camiño correcto e o traballo dará os seus froitos".
"A preocupación existe, pero o camiño é o correcto. Utilizo o símil do maratón, por desgraza, empezamos lentos, pero son moitos partidos, as sensacións son positivas e imos ver se as mantemos, gañamos un partido e dános esa confianza que fai falta".
Mantén a súa convicción de que van lograr o obxectivo e que a base do proxecto será o suficientemente sólida.
"Dinme: ‘Somos o Celtiña e estamos afeitos sufrir’. Hai que tentar que isto non sexa un sufrimento permanente e podamos gozar". Pero tamén parte da base de que, a día de hoxe, a meta é "empezar a gañar partidos seguidos".
Benítez confirmou que Mihailo Ristic e Carles Pérez non están dispoñibles e referiuse á grave lesión de Joseph Aidoo.
"É unha desgraza. É un problema constante coas seleccións, difícil de evitar se se seguen disputando partidos e partidos. Fainos dano, é bo ter esa competitividade e máis, xogando con tres centrais. Manexarémolo cos centrais que temos», recalca.