Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rábade celebra cen anos como concello independente

Rábade celebra cen anos como concello independente

O 28 de maio do ano 1925 deixaba de formar parte de Begonte

A veciñanza implícase na celebración, vestíndose como nos anos vinte

Veciñanza de Rábade vestida dos anos vinte
G24.gal 28/05/2025 14:20

28 de maio do ano 1925 Rábade constituíuse como concello independente tras separarse de Begonte.

A veciñanza está moi implicada na celebración do centenario. "Hai que prepararse, a ocasión meréceo. Hai que celebrar con moito orgullo os cen anos de independencia deste concello", dicía unha veciña que se sumou á festa. 

En Rábade é festivo local e hai actividades programadas durante todo o día, que comezaron no antigo consistorio coa recepción ás autoridades e foto de familia. 

Rábade é un dos municipios máis pequenos de Galicia, conta con 1.500 habitantes e máis da metade xuntáronse nun xantar no Campo da Feira. 

A xornada finalizará cun concerto de Luar na Lubre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade