Publicador de contidos

Publicador de contidos

Róber López, un ourensán no Mundial de Footgolf

Róber López, un ourensán no Mundial de Footgolf

O xogador galego foi convocado para a cita que se disputará na primavera en Orlando (USA)

G24.gal 18/02/2023 13:40

Apenas 3 anos despois de disputar o seu primeiro partido nesta modalidade, o ourensán de 30 anos, Roberto López, acudirá ao Campionato do Mundo que se celebrará dentro duns meses a carón de Disneylandia. No espazo de Galicia en xogo da Radio Galega conversamos con el sobre o que supón esta experiencia na súa carreira. 

"Veño de xogar un Torneo en parellas en Ourense, quedamos terceiros a un golpiño do segundo. Hai nivel, se tes un par de malos buratos xa quedas lonxe da vitoria. Este deporte naceu no 2009 nos Países Baixos. As normas son do Golf e usamos o pé e un balón de fútbol. Pode xogar calquera persoa, maior ou máis nova. Foi todo moi rápido, levo 3 anos escasos, coa pandemia de por medio. Probei a nivel nacional en 3 probas, foi ben. O ano pasado tomeino máis en serio, busquei patrocinador, deume para competir en todas as probas do C. España. Neste deporte hai que costear todos os gastos. É moi custoso, a viaxe, o aloxamento. Estoume sentindo apoiado pola xente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade