Publicador de contidos

Publicador de contidos

O avance da pandemia só deixa en Galicia dezaoito concellos libres da covid

O avance da pandemia só deixa en Galicia dezaoito concellos libres da covid

Apenas o 6 % dos 313 municipios teñen cero casos

G24.gal 26/12/2021 20:33

Co avance dos contaxios, cada vez son menos os concellos galegos libres da covid. Non chegan ao 6 %. A súa característica común é que están no rural. 

Segundo os datos do Sergas, en todos os municipios de Pontevedra hai persoas infectadas. Nas outras tres provincias, quedan dezaoito sen positivos. 

A que ten máis concellos con cero casos rexistrados é a provincia de Ourense, con Calvos de Randín, Gomesende, Piñor, Porqueira, Quintela de Leirado, Xunqueira de Ambía, A Peroxa, Sandiás, A Veiga e Verea.

Na provincia da Coruña hai catro concellos libres de covid: Cerdido, Mañón, Moeche e As Somozas. En Lugo, outros tantos: Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Triacastela e Antas de Ulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade