Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer en caso de incendio?

Que facer en caso de incendio?

Manter a calma e chamar ao 112 son as dúas primeiras accións clave ante un lume

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias lembra que a resposta debe adaptarse á situación

Zona castigada polo lume en Monterrei EFE Zona castigada polo lume en Monterrei EFE
G24.gal 15/08/2025 18:29

🔴 Actuación inmediata

  • Avisar o 112 canto antes.

  • Lume pequeno: apagar con auga, terra ou ramas, mantendo distancia e seguridade.

  • Lume grande: afastarse en dirección contraria ao fume; no monte, fuxir cara abaixo.

  • Manter comunicación cos servizos de emerxencia e familiares.

🔴 Se o lume te alcanza

  • Refuxiarse en zonas xa queimadas ou tirarse ao chan protexido por rochas ou terra.

  • Tapar nariz e boca cun pano mollado.

  • Se arde a roupa: non correr; rodar polo chan ou cubrirse cunha manta.

  • Non retirar a roupa queimada se está pegada á pel.

🔴 Se atopas persoas feridas

  • Poñelas de lado nun lugar seguro, sen quitar a roupa.

  • Chamar ao 112.

🔴 Dentro da casa

  • Chamar ao 112, pechar portas e fiestras, tapar fendas con trapos mollados.

  • Desconectar luz, gas e gasóleo.

  • Seguir información oficial e evacuar só se así o ordenan.

🔴 No coche

  • Dar a volta e volver polo camiño seguro.

  • Nunca cruzar un lume salvo que a fronte sexa moi feble.

❌ Erros que hai que evitar

  • Refuxiarse en zonas profundas ou subir costa arriba.

  • Cruzar as lapas innecesariamente.

  • Actuar contra as indicacións oficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade