Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quagliata: “Yeremay e eu temos moi boa conexión, dentro e fóra do campo”

Quagliata: “Yeremay e eu temos moi boa conexión, dentro e fóra do campo”

O lateral italiano marcou o seu primeiro gol co Dépor grazas a un pase do canario. A súa adaptación ao club é total, asentado como titular no carril esquerdo.

Foto Deportivo
G24.gal 20/11/2025 15:28 Última actualización 20/11/2025 15:42

Giacomo Quagliata é un das fichaxes do pasado verán que está a dar un mellor rendemento no Deportivo. O lateral italiano está completamente adaptado ao club, cidade e cada vez atrévese máis co castelán nas súas conferencias de prensa.

A súa boa conexión con Yeremay abriu a lata o pasado domingo fronte ao Córdoba co seu primeiro tanto como branquiazul. Quagliata, feliz polo seu bo momento no Depor, analiza o seu estado persoal e o do equipo.

Gol contra o Córdoba: “Foi unha emoción belísima. Obviamente marcar sempre é bonito, peor facelo nun partido tan difícil é mellor. O gol serviu para que o equipo sumase os tres puntos que é o máis importante.

Conexión con Yeremay: “O primeiro que lle dixen foi grazas polo pase. Yeremay é un xogador que pode facer calquera cousa e temos moi boa conexión na banda e fóra do campo.

O próximo rival do Deportivo será o Ceuta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade